Campamento Coutada Beade


DETALLES CAMPAMENTO

HORARIO DE 8.00 A 16h.
-Chegada grupo matinal ata 9.30h.
– Inicio actividades 9.30 a 14h.
– Servizo recollida e fiambreira ata 16h.

Data: Inicio o 24 de Xuño, finaliza o 2 de agosto, e continuase o mes de agosto e setembro ata o día 10 sempre que se confirme o grupo mínimo para levar a actividade adiante, senón nas nosas instalacions de Tatarina, ou no aeroclube o mes de agosto continuamos con campamentos e poderedes anotarvos as semanas que non se cubran no centro escolar.

Monitores e monitoras, con experiencia non só na nosa empresa, senón no mundo do lecer infantil, con titulacións en lecer e tempo libre á vez de titulacións en distintas disciplinas en ámbito de educación, e especialidades.

Cun cronograma semanal, levaremos a cabo dinámicas variadas, diferentes coa semana e a súa temática, e desenvolvendo entre todos escearios distintos con relación á temática. Cada grupo (segundo idade) contará cos seus monitores, con ese fío condutor e en relación cos demais grupos realizaranse as súas propias dinámicas, xogos e obradoiros. Os espazos que necesitaremos, zona interior, e exterior, baño en ambalas zoas ou preto dos dous espazos, para poder facer dinámicas de movemento e separación de grupos por ter o volume de nenos que se teñen na solicitude.

TEMÁTICA, anos 90! : Distintas disciplinas, musica, personaxes, debuxos e xogos populares, os de sempre que nos fixeron a todos moi felices. Todas as semanas teremos uns debuxos como protagonistas e mostraremos e xogaremos coma eles, tamén faremos,cociña, baile, deportes, gyncanas..

O material que se utiliza, sempre que se poida será co pensamento ecolóxico de Reciclar e Reutilizar. Excursións, 2 en bus, e outras pola zona andando xa que a situación do centro permite facer varias saídas próximas.

Seguimos moi implicadas en temas de igualdade, e sempre teremos actividades de perspectiva de xénero, para todos os grupos.

En caso de ser a empresa seleccionada para a execución do campamento, presentarase o cronograma coa temática, programación e detalle de dinámicas para a vosa aprobación.

ESPAZOS NECESARIOS PARA O CAMPAMENTO.

Os espazos que necestiaremos para o desenvolvemento correcto do campamento, con espazos distintos para os grupos de distintas idades serían:
-Pavillón cuberto ou zona cuberta para xogos e chegada (cedo) ou aula de madrugadores.
-Zona de xogos exterior para xogos, talleres e festas.
-Aula comedora para o servizo de comedor

Materiais para o desenvolvemento das actividades.
Materiais para a realización de talleres.
Seguros sociais, impostos, seguros de responsabilidade civil., seguro de accidentes persoais para todos os nenos e nenas.
Excursión en autobús, 2 durante o campamento- incluído na tarifa.
Visitas especialistas de temáticas.

Monitores con experiencia e debidamente uniformados para ser localizados en todo momento polos nenos. Detalle programación. Autorizacions, permisos e protección datos facilitadas por nós ás familias. Envío do formulario de inscrición para as familias.

Para realización do campamento, é necesario a inscrición de media /día 15 nenos e nenas.

6 SEMANAS:

  • 295€
  • Irmán: 575€
  • ANPA: 280€
  • Irman ANPA: 540€

5 SEMANAS:

  • 245€
  • Irmán: 470€
  • ANPA: 230€
  • Irmán ANPA: 440€

4 SEMANAS:

  • 205€
  • Irmán: 400€
  • ANPA: 195€
  • Irmán ANPA: 385€

3 SEMANAS:

  • 180€
  • Irmán: 351€
  • ANPA: 170€
  • Irmán ANPA: 335€

2 SEMANAS:

  • 115€
  • Irmán: 224€
  • ANPA: 110€
  • Irmán ANPA: 215€

1 SEMANA:

  • 70€
  • Irmán: 136€
  • ANPA: 65€
  • Irmán ANPA: 126€

Día solto:

  • 18€
  • ANPA: 16€

As semanas de inscrición son todas de LUNS A VENRES:

se a estancia non está reflectida nos prezos ou ten dúbidas para o ingreso, rogamos comuníquenolo antes de realizala e dirémoslle o importe exacto para o pago. A non asistencia non está exento de pago, polo que vos pedimos comunicación coa empresa para calquera cambio, nas inscricións e poder xestionar adecuadamente cada caso.

ENVÍO XUSTIFICANTE DE PAGO AO CORREO campacoutada@tatarina,es
Sen envío do devandito xustificante figuraranos como non pago
Número de cuenta: ES61 2080 5016 0630 4005 0986
Titular Sonia Paz concepto nombre completo niño/a CAMPAMENTO COUTADA-BEADE

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN 9 XUÑO.

Monitores, materiais, desprazamentos, impostos e SS ademais dos seguros de RC e de accidentes persoais dos nenos e nenas asistentes ao campamento. Ademais de que todos os monitores irán identificados e
uniformados.

* Xestión de reservas, pagos e autorizacións por parte de TATARINA
Seguro de Responsabilidade civil por parte da empresa que cobre todas as actividades realizadas tanto dentro como fóra da escola.

Polo voso agradecemento na asistencia do campamento, obsequiarase por parte de tatarina, un bono de 12h por neno, para asistir as tardes do curso para xogar connosco nas nosas instalacións. Ese bono pode ser compartido.

Enlace del formulario de inscripción: https://forms.gle/oVQxNmT9QdHXeg9p7