Dende o último día lectivo 22 xuño o 10 de septembro, para ter semanas completas e poder ter más participación.
Campamento Urbano: “Xuntos no Verán”
Obxectivos principais:
- Crear un espazo seguro, acolledor e inclusivo onde nenos e nenas de diferentes idades poidan convivir, colaborar e aprender xuntos.
- Fomentar a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico a través de experiencias prácticas, manipulativas e sen pantallas.
- Promover valores como a igualdade, o respecto pola diversidade, a cooperación e o coidado do entorno.
- Desenvolver a autonomía persoal, a expresión emocional e corporal, e a confianza nas propias capacidades.
Programa de Actividades:
1. Experimentos e Retos de Investigación
Actividades prácticas nas que o grupo investiga, experimenta e descobre de maneira activa.
- Mini laboratorio: volcáns de bicarbonato, mesturas, cambios de estado, experimentos con auga, aire e luz.
- Ciencia da vida cotiá: como se filtra a auga, como se recicla o papel, como funcionan obxectos do día a día.
- Exploración do entorno: observación de plantas, insectos, sombras, sons e elementos naturais do espazo próximo.
2. Obradoiros Creativos e de Construción
Espazos de creación libre onde se traballa coa imaxinación, os materiais e o traballo en equipo.
- Construción de inventos e estruturas con cartón, materiais reciclados e elementos naturais.
- Arte experimental: pintura con materiais non convencionais, creación de murais colectivos e esculturas efémeras.
- Creación de xogos: deseño de xogos cooperativos inventados polo propio grupo.
3. Cociña Experimental e Saudable
A cociña como espazo de aprendizaxe, experimentación e convivencia.
- Elaboración de receitas sinxelas adaptadas ás idades.
- Experimentos culinarios: mesturas, masas, cambios de textura e temperatura.
- Cociña multicultural: coñecer sabores e costumes doutras culturas, promovendo o respecto pola diversidade.
4. Actividades de Movemento, Baile e Música
O corpo como ferramenta de exploración, comunicación e expresión.
- Baile creativo: movementos inspirados na natureza, nas emocións, nas máquinas ou nos inventos
- Música experimental: creación de instrumentos con materiais reciclados e exploración de sons co corpo.
- Xogos de ritmo, coordinación e expresión corporal.
5. Xogos Cooperativos e Dinámicas de Grupo
Actividades onde o importante é colaborar e participar, non competir.
- Xogos cooperativos xigantes con retos que requiren traballo en equipo.
- Dinámicas de confianza, comunicación e resolución pacífica de conflitos.
- Retos grupais diarios relacionados coa temática da semana.
6. Espazos de Xogo Libre e Peche Tranquilo
Momentos para baixar o ritmo, compartir e reforzar os vínculos do grupo.
- Zonas de xogo libre con materiais variados.
- Contacontos e historias relacionadas coa ciencia, a creatividade e a tribo.
- Asembleas breves para expresar emocións, opinións e valorar o vivido durante o día.
Organización e Estrutura:
- Idades: Divididos en tres grupos (3-5 anos, 6-8 anos, 9-12 anos) para adaptar as actividades.
- Horario: De 9:00 a 14:00, con opción de madrugadores e comedor. Horario completo de 7.45 a 16.30 propoñendo duas tarefas completa e reducida.
- Monitoraxe: Un monitor/a por cada 10 nenos/as para garantir unha atención personalizada, en caso de peques con nee, adaptamos el ratio en la medida de lo posible e garantindo sempre o seu coidado.
- Materiais: Todos os materiais serán proporcionados polo campamento (incluíndo libros, ferramentas de arte e elementos deportivos).
Valores Transversais:
- Todas as actividades estarán deseñadas para que poidan participar todos os nenos e nenas, respectando os diferentes ritmos, capacidades e necesidades, fomentando a participación activa e o sentimento de pertenza ao grupo.
- Sustentabilidade: Empregarase maioritariamente material reciclado e reutilizable, traballando a conciencia ambiental e o respecto polo medio natural a través da experimentación e do xogo.
- Igualdade: Promoverase o respecto mutuo, a cooperación e a igualdade de oportunidades, evitando estereotipos e favorecendo unha convivencia baseada no bo trato e na diversidade.
Diario de Actividades (exemplo)
Campamento Urbano: “A Tribo das Inventoras e Inventores”
Luns: A Tribo Créase e Inventa
Obxectivo do día: Crear identidade de grupo e introducir o espírito inventor.
- Manualidades da Tribo
- Creación de pulseiras, colgantes ou distintivos da tribo con materiais reciclados. Cada cor ou símbolo representa valores como cooperación, respecto, creatividade e igualdade
- Construción Colaborativa
- Elaboración dun mural grupal onde cada grupo represente como imaxina a súa tribo e os seus inventos.
- Contacontos Inventores
- Lectura participativa de contos sobre creatividade, cooperación e diversidade, con diálogo adaptado ás idades.
Martes: Día de Experimentos
Obxectivo do día: Despertar a curiosidade científica a través da práctica.
- Mini Laboratorio da Tribo
- Experimentos sinxelos con auga, aire e cores (densidades, mesturas, volcáns de bicarbonato).
- Detectives Científicos
- Xogo de pistas polo espazo do campamento para resolver un pequeno reto ou misterio científico en equipo.
- Xardín Inventor:
- Plantación de sementes en maceteiros decorados polos propios nenos/as, fomentando o coidado e a responsabilidade.
Mércores: Xogamos e Cooperamos
Obxectivo do día: Reforzar a cooperación e a inclusión a través do xogo.
- Xogos Cooperativos ao Aire Libre:
- Actividades como a telaraña de cordas, transporte de obxectos en equipo ou retos grupais onde todas as persoas son necesarias.
- Circuito de Retos da Tribo
- Circuíto de obstáculos adaptado a todas as idades, priorizando a superación persoal e a axuda mutua.
- Música e Movemento da Tribo
- Xogos rítmicos e bailes creativos inspirados en máquinas, animais ou elementos da natureza.
Xoves: Arte, Corpo e Expresión
Obxectivo do día: Explorar a creatividade a través do corpo e das emocións.
- Arte Experimental
- Pintura con materiais non convencionais (esponxas, mans, elementos naturais) e creación colectiva.
- Danza Inventiva
- Movementos libres e guiados que representan emocións, inventos ou historias creadas polo grupo.
- Teatro da Tribo
- Pequenas representacións en grupo onde cada neno/a escolle o seu papel, fomentando a expresión e a autoestima
Venres: Celebramos a Tribo
Obxectivo do día: Pechar a semana reforzando o sentimento de grupo.
- Construción Final
- Creación dun invento ou xogo xigante cooperativo para usar entre todos
- Cociña da Tribo
- Elaboración colectiva dunha receita sinxela e saudable para compartir
- Asemblea e Festa Final
- Espazo para compartir o aprendido, expresar emocións e celebrar a convivencia cunha pequena festa sen pantallas.
Actividades Transversais Permanentes
Campamento Urbano: A Tribo das Inventoras e Inventores
Estas actividades estarán presentes ao longo de todo o campamento, adaptándose ás diferentes idades e á temática semanal, funcionando como fío condutor do proxecto.
Asemblea da Tribo (Círculo de Peche)
Espazo diario de encontro e comunicación para reforzar os vínculos do grupo.
Que se fai:
- Cada día, o grupo senta en círculo para compartir algo que lle gustou, sorprendeu ou aprendeu.
- Pequenas dinámicas de expresión emocional adaptadas ás idades.
- Avaliación participativa do día (que funcionou, que melloraríamos).
Obxectivos:
- Desenvolver habilidades sociais e comunicativas.
- Favorecer a escoita activa e o respecto polas opinións dos demais.
- Reforzar o sentimento de pertenza á tribo
Personalización das Actividades por Idades
Todas as propostas adáptanse aos tres grupos de idade:
- 3–5 anos: actividades máis manipulativas, simbólicas e guiadas
- 6–8 anos: maior autonomía, pequenas responsabilidades e retos sinxelos
- 9–12 anos: planificación, toma de decisións e creación máis complexa
A adaptación garante que todas as persoas poidan participar activamente, respectando ritmos e capacidades.
Saídas Temáticas do Campamento
(Integradas no proxecto, non como actividades illadas)
Saída 1: Exploración Inventora do Entorno
Descrición:
Saída a un espazo próximo (parque, monte, praia ou contorno urbano) para investigar o entorno como verdadeiras inventoras e inventores.
Actividades:
- Observación da natureza e do espazo urbano como fonte de ideas para inventos.
- Recompilación de elementos naturais (pauciños, pedras, follas) para usar posteriormente no laboratorio de inventos
- Retos de exploración en equipo: mapas sinxelos, probas cooperativas e xogos de orientación adaptados ás idades.
Obxectivos:
- Conectar a creatividade co entorno.
- Fomentar o respecto pola natureza.
- Potenciar a observación e a curiosidade.
Saída 2: Gran Convivencia das Tribos TATARINA
Descrición:
Xornada especial de convivencia entre os diferentes campamentos de TATARINA, creando unha gran tribo compartida.
Actividades:
- Encontro entre grupos doutros campamentos para compartir xogos, inventos e experiencias.
- Obradoiros cooperativos intercampamentos: construción dun invento xigante, xogo colectivo ou instalación artística común
- Xogos cooperativos a gran escala, onde se mesturan idades e grupos
- Espazo final de celebración e convivencia
Obxectivos:
- Fomentar relacións sociais máis amplas.
- Traballar a convivencia, o respecto e a cooperación entre grupos diferentes.
- Reforzar o sentimento de pertenza á comunidade TATARINA.
Horarios e tarifas completa
Horario entrada dende as 7.45h a 9.30h
Obradoiros dende as 9.30h as 13.30h
Recollidas 13.30 en adelante
Xantar dende as 14.00h as 15.00h
Xogo e recollida 15.00h as 16.30h
SEMANA…………..90€ / IRMÁ/N 80€
2 SEMANAS……..160€ / IRMÁ/N 155€
3 SEMANAS……..230€ / IRMÁ/N 225€
4 SEMANAS……..295€ / IRMÁ/N290€
5 SEMANAS……..350€ / IRMÁ/N 340€
6 SEMANAS……..390€ / IRMÁ/N 380€
Excursións incluidas nas tarifas.
Horarios e tarifas reducida
Horario entrada dende as 8.50h a 9.05h
Obradoiros dende as 9.30h as 13.30h
Recollidas 13.30 en adelante
Xantar dende as 14.00h as 15.00h
Recollidas 15.00h as 16.30h
SEMANA…………..70€ / IRMÁ/N 62€
2 SEMANAS……..110€ / IRMÁ/N 99€
3 SEMANAS……..159€ / IRMÁ/N 143€
4 SEMANAS……..204€ / IRMÁ/N 184€
5 SEMANAS……..242€ / IRMÁ/N 218€
6 SEMANAS……..269€ / IRMÁ/N 242€
Para estadías máis longas ou especiais, consúltenos e prepararémoslle unha adaptada ás súas necesidades.
Condiciones del campamento
A nosa politica de campamentos é non facer tarifas de franxas horarias, é por varias razóns:
- Incrementa o campamento canto mais tempo necesítase e iso non favorece a conciliación, algo que desde tatarina consideramos moi importante.
- Se un día se necesitas un horario, hai que modificar tarifas, se por traballo saes máis tarde o mesmo, desta maneira é un único pago sen cambios de ningunha maneira
Organización catering no caso que teñamos un mínimo de nenos e nenas que queiran o cátering nós ,nos encargariamos de levar a organización, pero ter en conta que se se consegue o mínimo, tense que manter no rexistrado para non ter que cancelar a ultima hora ou no medio do campamento.
Os nenos con Nee deben ser autónomos, unha persoa de apoyo estará con eles,pero non de forma exclusiva, si nos grupos onde se atopen para estar cos monitores de ese grupo, teñan apoio nas actividades e axudas para a realización de actividades, levar o baño o facer cousas mais precisas con eles. Se terá comunicación coas familias para as saídas, para que sexan seguras para todos os participantes, cos monitores que se teñen, adaptando as posibles saídas as suas necesidades.
Se organizarán excursións, en autobús, para actividades programadas, de juegos grupales, sempre avisadas as familias previamente, contando con seguros, tanto para a excursión, como para a realización do campamento, de responsabilidade Civil.
As comunicacións coas familias, será po rwasap,con grupos de difusión, sendo informados do día a día, e garantindo a sua privacidade de datos , se terá un movil asignado para falar coa directora do campa, e para avisos urxentes e información. E por medio de notas nas portas de entrada e saída se comunican as mesas que nos avisos para que todos e todas sexan avisados.
As semanas, deben detallarse na inscripción, para organizar num de monitores, material e grupos.
Por medio dun formulario, feito para o colexio, se realizará a inscripción dos nenos e nenas, para ter toda a información, alerxias e os autorizados para as recollidas. Sempre coas medidas de Protección de Datos, sen imaxes dos menores e unicamente usando os datos recollidos para a organización do campamento.
Crearase un email para o campamento, específico, para comunicación e información de detalles pagos e calquer necesidade das familias.
Envíanse email de confirmación de plaza, recomendacións para o campamento, e se detalla a información necesaria para axuda de conciliación, ofertada por xunta, esta axuda está sendo efectiva para as familias, que traballen no tempo de participación no campamento, cunha bonificación do 80% do total do campamento, sen superar 210€ (aprox, depende da convocatoria de cada ano da xunta) por participante, sendo superior no casos de irmáns.
Traballamos de forma urxente para esas facturas, e informamos cando a convocatoria esté aberta, en convocatorias anteriores, solucionabamos os requerimentos, por pedir cambios nos detalles das facturas, no mesmo día de solicitud.
En canto o pago se realiza sempre por banco, senón non cumpre os requisitos,do Bono (para nos e tamén a forma única de pago) se solicitan os datos necesarios, para a realización das facturas, e os detalles que se solicitaron nas convocatorias anteriores, coma detalle de horarios de traballo coincidindo co laboral dos tutores, detalle de nomes dos nenos e tutores, estancia detallada no campamento. No verán pasado, as familias solicitadas que cumprían os requisitos, concederon os bonos, e non tivemos que modificar ou cambiar nada, nas nosas facturas, por estar sempre ben cumplimentadas.
Como facer a reserva e inscripción
A ÚNICA forma de rexistrarse é a través do formulario da páxina web Tatarina.es – campamentos. Unha vez na páxina web, debes premer na ligazón de rexistro, asegurándote de que sexa para o campamento no Centro de Ocio Tatarina situado en Bouzas, xa que tamén temos campamentos en escolas e asociacións.
As semanas deben especificarse no formulario de rexistro para que poidamos organizar o número de monitores, materiais e grupos. Os nenos rexistraranse mediante o formulario da nosa páxina web para proporcionar toda a información necesaria, incluíndo alerxias e persoas autorizadas para recoller e deixar os nenos. Sempre cumprimos as medidas de protección de datos; non se usan imaxes de menores e os datos recollidos utilízanse unicamente para a organización do campamento. As reservas son para semanas completas, de luns a venres; non hai outras opcións dispoñibles, como estadías máis curtas ou diferentes contas de días.
Unha vez que completes o formulario, marcaremos a túa resposta como correcta. Se temos dispoñibilidade para as semanas solicitadas, proporcionarémosche un número de reserva para que pagues un depósito de 50 €, que non é reembolsable e non se pode cambiar por outros servizos baixo ningunha circunstancia. Se fas unha reserva e non pagas en 5 días, cancelarase e terás que facer unha nova reserva ou contactar connosco por correo electrónico.
Se, despois de facer unha reserva e pagar o depósito, non podes asistir durante as semanas reservadas, cobraraseche o importe total. Se cancelas con polo menos 20 días de antelación ás datas reservadas, non terás que pagar o importe total. Para axudarnos a organizar as prazas dispoñibles, infórmanos de calquera cambio o antes posible. Temos un número limitado de prazas dispoñibles e ter prazas baleiras con persoas en lista de espera é frustrante para nós, xa que nos esforzamos por ofrecer un equilibrio entre a vida familiar e a diversión para os nenos.
15 días antes do comezo do campamento, enviarémosche un correo electrónico cun número de conta para o pago completo da taxa de inscrición, sempre por transferencia bancaria. Tamén podes pagar no lugar do campamento con tarxeta de crédito ou en efectivo. Non obstante, lembra que se a Xunta ofrece axudas para o coidado de nenos, o único método de pago aceptado é a transferencia bancaria.
Enviarémosche un correo electrónico confirmando a túa praza, proporcionando recomendacións para o campamento e detallando a información necesaria para a axuda para o coidado de nenos que ofrece a Xunta.
Estamos a traballar con urxencia nestas facturas e informarémosche cando se abra o prazo de solicitude. En solicitudes anteriores, resolvíamos calquera solicitude de cambio nos datos das facturas o mesmo día en que se presentaban. En canto ao pago, para esta solicitude, sempre debe facerse por transferencia bancaria. En caso contrario, non cumprirás os requisitos para o bono (que tamén é o único método de pago). Necesitamos a información necesaria para a facturación, así como os datos solicitados en solicitudes anteriores, como horarios de traballo que coincidan cos horarios de traballo dos titores, os nomes dos nenos e titores e unha descrición detallada da estadía no campamento. Se pensas solicitar praza, realiza o pago deste xeito, xa que non se farán cambios nel unha vez que comece o campamento.
Número de conta exclusivo para o campamento (para que poidas facer pagamentos por transferencia e ter o recibo da axuda do bono da Xunta) ES.87.2080.5016.0130.4005.3576
En caso de tener algunha dubida contacte con nosotras en:
info@tatarina.es
698133697
O en nuestro centro de ocio en Bouzas C/ Camilo Veiga 28



