DETALLES CAMPAMENTO
HORARIO DE 8.00 A 16h.
-Chegada grupo matinal ata 9.30h.
– Inicio actividades 9.30 a 14h.
– Servizo recollida e fiambreira ou Catering ata 16h.
Data: Inicio o 23 de Xuño, finaliza o 2 de agosto, e continuase o mes de agosto e setembro ata o día 5 sempre que se confirme o grupo mínimo para levar a actividade adiante, senón nas nosas instalacions de Tatarina, ou no aeroclube o mes de agosto continuamos con campamentos e poderedes anotarvos as semanas que non se cubran no centro escolar.
Monitores e monitoras, con experiencia non só na nosa empresa, senón no mundo do lecer infantil, con titulacións en lecer e tempo libre á vez de titulacións en distintas disciplinas en ámbito de educación, e especialidades.
Cun cronograma semanal, levaremos a cabo dinámicas variadas, diferentes coa semana e a súa temática, e desenvolvendo entre todos escearios distintos con relación á temática. Cada grupo (segundo idade) contará cos seus monitores, con ese fío condutor e en relación cos demais grupos realizaranse as súas propias dinámicas, xogos e obradoiros. Os espazos que necesitaremos, zona interior, e exterior, baño en ambalas zoas ou preto dos dous espazos, para poder facer dinámicas de movemento e separación de grupos por ter o volume de nenos que se teñen na solicitude.
TEMÁTICAS: Distintas disciplinas, musica, personaxes, debuxos e xogos populares, os de sempre que nos fixeron a todos moi felices. Xogaremos coma eles, tamén faremos,cociña, baile, deportes, gyncanas..
O material que se utiliza, sempre que se poida será co pensamento ecolóxico de Reciclar e Reutilizar. Excursións, 2 en bus, e outras pola zona andando xa que a situación do centro permite facer varias saídas próximas.
Seguimos moi implicadas en temas de igualdade, e sempre teremos actividades de perspectiva de xénero, para todos os grupos.
En caso de ser a empresa seleccionada para a execución do campamento, presentarase o cronograma coa temática, programación e detalle de dinámicas para a vosa aprobación.
Excursión en autobús, incluido na tarifa.
Visitas especialistas de temáticas.
As semanas de inscrición son todas de LUNS A VENRES:
se a estancia non está reflectida nos prezos ou ten dúbidas para o ingreso, rogamos comuníquenolo antes de realizala e dirémoslle o importe exacto para o pago. A non asistencia non está exento de pago, polo que vos pedimos comunicación coa empresa para calquera cambio, nas inscricións e poder xestionar adecuadamente cada caso.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN 9 XUÑO.
* Xestión de reservas, pagos e autorizacións por parte de TATARINA
Seguro de Responsabilidade civil por parte da empresa que cobre todas as actividades realizadas tanto dentro como fóra da escola.
Enlaces a formularios de inscripción:
Rocio: https://forms.gle/
Coutada: https://forms.gle/
Pintor Laxeiro. https://forms.gle/
L | M | X | J | V | S | D |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Envíanos un WhatsApp